Recollendo músicas

Sinopse

Recollendo Músicas é unha exploración pola pegada que a música de raíz e os ritmos tradicionais galegos teñen nas músicas actuais. Coñecemos diferentes propostas de artistas e grupos que manteñen viva a nosa tradición a través de novas linguaxes e sonoridades modernas.

As protagonistas

Belém Tajes

Belém Tajes formouse na música tradicional galega, explorou as músicas atlánticas e deu forma a un pop intimista e luminoso cunha pegada moi persoal.

Comando Curuxás

Comando Curuxás é unha murga guerrilleira que xunta tradición con modernidade para levar a festa e o baile alá onde van.

Alana

Este trío toma o nome da harmonía e leva a música tradicional a sonoridades próximas ao pop e mesmo á electrónica de baile.

Nebra

Nebra é un trío lucense que mestura melodías vogais de raíz con sonoridades máis escuras apoiadas nun baixo e unha percusión de corte electrónico. 

Breo

A música tradicional galega e as mesturas coas músicas de raíz dan forma a este proxecto no que as sonoridades celtas están moi presentes.

Lontreira

Lontreira é un proxecto que combina os ritmos tradicionais con sonoridades electrónicas e arranxos de pop para facer de cada concerto unha festa no campo.

Moura

Moura é un proxecto que leva anos traballando na mestura do rock progresivo, a psicodelia e a música tradicional galega. 

Abril

Abril é un dúo con violín e percusións que bebe das músicas de raíz para achegar unha proposta moderna, delicada e íntima que compartir en comunidade.

Escoita as músicas que soan no programa

Contacto

ola@undodez.gal · 881 946 972